Friday 26 de April de 2024

A alcaldesa de Vimianzo solicitará á conselleira de Infraestruturas unha xuntanza para encauzar a problemática do corredor da Costa da Morte


A rexedora, Mónica Rodríguez, afirma que ‘non dubidará en chamar a todas as portas posibles, pero neste caso hai que ter en conta que este proxecto está contemplado para que prime o interese xeral’.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, solicitou hoxe unha reunión coa consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para encauzar
a problemática do corredor da Costa da Morte. A rexedora afirma que ‘non dubidará en chamar a todas as portas posibles, pero neste hai que ter en conta que este proxecto está contemplado para que prime o interese xeral, por riba dos intereses políticos’, destaca a rexedora.
Neste senso, en resposta ao escrito emitido pola consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia, a alcaldesa de Vimianzo amósase en total acordo con que ‘estamos na obriga de pensar menos no que xa fixemos e máis no que queda por facer, e iso é exactamente o que nos ocupa nestes momentos respecto a este proxecto’, apunta a rexedora.
‘O que non consideramos de recibo é a falta de claridade en materia de asunción de competencias, xa que un proxecto que depende da Xunta, debe ser executado en materia autonómica. Nós non temos ningún problema de plantexarlle esta problemática ás entidades competentes, pero neste caso, hai un informe técnico que o determina’, apunta a rexedora.
Vencellado a isto, queda claro que ‘dentro do ámbito das súas competencias en materia de estradas, a Comunidade Autónoma galega proxectou esta actuación para a ‘execución da prolongación da Autovía da Costa da Morte, no tramo que presta servizo ao municipio de Vimianzo e a outros como Camariñas e, no que respecta ao vial de conexión que se prevé para dar servizo ao parque empresarial de Vimianzo, pode afirmarse que é evidente a competencia autonómica, e no seu caso, local, para cuxa mellor proxección esixirá unha labor de coordinación e cooperación entre administracións titulares e , no seu caso, a través da planificación urbanística que recolle o previsto nos instrumentos de planificación contemplados na lexislación de estradas’.

A alcaldesa, Mónica Vimianzo, incide na importancia de remarcar que ‘non é un tema de buscar a crispación entre administracións, senón trátase de sentarse todas as bandas e buscar consenso. Sexa quen sexa, eu vou a solicitar que o noso polígono non pode quedar sin este enlace, iso téñoo clarísimo’, confirmou a rexedora, que da resposta así ao escrito emitido pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, no día de onte.